Ferido de gravidade en Monfero tras caer por un noito

A DP0905, de Betanzos ao límite da provincia cara Vilalba, ao seu paso pola parroquia padernesa de Obre

Unha persoa resultou ferida de consideración este martes tras saírse da vía co seu vehículo e caer por un noiro en Monfero. O sinistro, segundo informa o 112, tivo lugar pasadas as sete do serán do martes.

Por razóns por esclarecer, o vehículo saíu da vía e caeu por un desnivel na estrada Betanzos-Vilalba. A consecuencia do impacto, o condutor sufriu diversas lesións.

O 112 mobilizou ao lugar un equipo do 061- Urxencias, que atendeu ao ferido tras chegar a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ademais, achegouse a dotación do parque comarcal de bombeiros do Eume, por se había que excarcerar ao ferido, e a Garda Civil de Tráfico, para instruír o atestado.