Oroza presidirá o mércores o seu derradeiro Pleno

Ricardo Sánchez Oroza é o alcalde en funcións de Miño

O que fora alcalde de Miño con algo máis de 200 votos e só un acta, Ricardo Sánchez Oroza, presidirá o vindeiro mércores o seu derradeiro pleno como rexedor.

Trátase dunha sesión de trámite para aprobar as actas dos tres últimos plenos, segundo recolle a convocatoria asinada polo alcalde accidental en funcións, Jesús Veiga.

A próxima sesión, o día 15, será o da investidura do novo alcalde, Manuel Faraldo. Non participará Oroza da sesión, pois non foi quen de revalidar o seu escano na Corporación miñense.