O PSOE de Miño presenta mañá a súa candidatura

Manuel Vázquez Faraldo é o voceiro do PSOE de Miño

O PSOE presentará mañá a súa candidatura para Miño. O equipo, que volve encabezar Manuel Vázquez Faraldo, contará con Catalina Morado, Emma González, José Manuel Pantín, Yolanda Belo e Agustín Sanz nos primeiros postos. A candidatura péchaa a exalcaldesa de Arteixo, Pilar Souto.

“É un grupo para levar a Miño ao futuro que queremos para o noso pobo”, destaca Faraldo, que afirma que se trata dun equipo “coas ganas, as ideas, a capacidade e a forza de cambiar Miño”.

Queremos ser o goberno que deixe pegada en Miño, e non feridas e cicatrices como as que deixaron os anteriores”, resume o candidato.