O Concello de Miño reactivará este martes o servizo municipal de podoloxía

Casa do concello de Miño

O Concello de Miño reactivará leste mesmo martes o servizo municipal de podoloxía, para o cal xa se pode pedir cita previa nos teléfonos habilitados 981 784 405 e 981 782 659. Desde o consistorio apuntan a esta nova ‘apertura’ como “un momento propicio para volver ofrecer servizos indispensables a todas e todos os nosos veciños dos que tiveramos que prescindir desde a declaración do estado de alarma’.

O de podoloxía é un dos servizos que se ofrecen aos veciños, e e cal se entende como ‘unha necesidade básica’ que ha de cubrirse ‘para todas as persoas que presenten problemas importantes a nivel articular, óseo ou mesmo cos problemas usuais que poden presentar esta parte do corpo’.