O Concello de Miño crea unha bolsa de emprego para realizar contratacións temporais de auxiliar administrativo

Casa do concello de Miño

O Concello de Miño crea unha bolsa de emprego co obxectivo de realizar contratacións laborais temporais para nomear funcionarios interinos na categoría de auxiliar administrativo. A forma de provisión será mediante concurso – oposición e o prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles despois da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que se producirá ao longo da próxima semana.

Os aspirantes poderán acceder a toda a información en taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal. O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, destaca que “queremos mellorar a operatividade do concello, reducindo vos tempos de espera e axudando a que vos procesos para a veciñanza sexan máis áxiles”.