O concello de Miño anuncia que comezou a pintar a estrada da praia

A praia grande de Miño e o esteiro do Baxoi

O Concello de Miño anunciou onte que logo de acometer os traballos de asfaltado de varios tramos na estrada da Praia procedeu a efectuar labores de repintado. Pintarán novos pasos de peóns e sinalización de chan conforme ás normas de tráfico (stop, ceda o paso e frechas de dirección).

Empezaron onte pola mañá e espérase que continúen durante os próximos días