Miño inaugura o parque infantil de Bañobre

Capela de Bañobre. Wikipedia

O Concello de Miño inaugurou onte un novo parque infantil en Bañobre. Os xogos contan con randeeiras, ramplas, tobogáns e varias pezas individuais en forma de balancín.

A actuación contou cun orzamento de 47000 euros, no que colaboraron a Deputación e o Concello de Miño. Foi posible grazas á cesión, por 35 anos, dun terreo pertencente á congregación relixiosa Fillas de María Inmaculada.