Miño forma ás asociacións do concello para utilizar a administración electrónica

O Concello de Miño alumeado de rosa

O Concello de Miño organizou unha charla dirixida ás asociacións do municipio para aprender a utilizar a administración electrónica. A xornada de formación centrouse en aprender a usar a plataforma Subtel, que é o soporte telemático para presentar documentación relativa a subvencións da Deputación da Coruña.

Unha vintena de persoas de diversas entidades déronse cita na aula de informática do Centro Social A Rúa para resolver todas as dúbidas no relativo ao manexo desta plataforma. Desde o Concello consideran que “son xornadas moi importantes, xa que o tecido asociativo de Miño é moi diverso e han de poder desenvolver as súas actividades co coñecemento de plataformas como o Subtel”.