Miño expón para consultas públicas o seu inventario de camiños

Un camiño de Miño, Imaxe do Concello

O Concello de Miño abriu recentemente o prazo de exposición ao público do Inventario Municipal de Camiños, que se poderá consultar os xoves en horario de 9:00 a 14:00 horas de maneira presencial no Salón de Plenos do Consistorio. Estará para consulta todos os xoves ata o próximo 27 de outubro.

Ademais, toda persoa que así o desexe, pode facelo  ‘ on- line’, xa que se puxeron ao dispor dos interesados e interesadas os mapas do Inventario Municipal na web municipal.  A consulta pode facerse todos os días, de 9:00 a 14:00 horas, no Salón de Plenos. Os xoves, ademais, atópanse os responsables da empresa para aclarar dúbidas.