Miño deixa fóra de servizo a ORA pola crise do coronavirus

Unha rúa de Miño

O goberno local de Miño anunciou que os parquímetros de ORA quedan desactivados ata novo aviso, deixando de funcionar “para evitar contaxios e para facilitar os desprazamentos que sexan estritamente necesarios”, indicou nun comunicado.

Desde o Concello, agradécese a colaboración cidadá e tamén das traballadores e traballadoras municipais, e empresas auxiliares. “Entre todas e todos sairemos desta crise. Lembramos tamén que a través das nosas redes sociais municipais estamos a combinar a información sobre a situación con propostas para nenos e adultos, co fin de facer máis levadío o confinamento” conclúen.