Miño convoca bolsas para libros e comedor escolar

Tráfico por diante do CPI Castro Baxoi en Miño

O Concello de Miño publicou a convocatoria de subvencións para o inicio do curso escolar 2019-2020. Contemplan dúas liñas, unha oara a compra de libros, dotada con 6000 euros, e outra para comedor escolar, de 12 500 euros.

Para poder optar a elas é preciso estar empadroado e ter residencia permanente no municipio, ter fillos matriculados en Educación Infantil en centros públicos e tamén en bacharelato e convivir con eles. A renda per cápita familiar non debe exceder dos 9.00 euros anuais.

A concesión das axudas realizarase por nivel educativo: un máximo de 100 euros de bolsa de libros para cuarto de Infantil (tres anos), 80 no caso de quinto (4 anos) e de sexto (5 anos). Para primeiro de bacharelato a contía máxima é de 250 euros e para segundo, 270 euros.