Miño celebra Santa María con bandas tributo e paella

O parque da Rúa de Miño

Esta noite Miño abrirá os festexos de Santa María cun concerto de bandas tributo no parque da Rúa. Desde as 22:30 h terá lugar un concerto tributo a Joaquín Sabina e Alejandro Sanz por conta de Justo Mullor, de Malas Compañías, e Fernando Vázquez, de No es lo mismo.

Antes ofrecerase unha paella solidaria a beneficio da Asociación Española contra o Cancro.

Os festexos seguirán xa o día 15 con misa cantada na igrexa parroquial ás 12:30 e procesión ata o Raxel, con alfombras florais a cargo da Asociación de Amas de Casa. Haberá fogos de artificio ao remate e música desde as 22:30 con Cris López.