Miño celebra o seu centenario cunha alfombra floral e un mural

Casa do concello de Miño

Este 2019 é ano de centenarios para o traslado de concellos na comarca. Se o ano comezaba cos fastos que o executivo socialista programou en Betanzos- e que o PP definiu como campaña de lanzamento da imaxe da actual rexedora- agora é Miño quen festexou a pasada fin de semana os cen anos da creación do actual municipio.

O traslado desde O Castro, á beira do mar, ata a Carreira foi celebrado cunha alfombra floral elaborada con sesenta quilos de sal, fabas, flores e espagueti negro nas inmediacións da actual Casa do concello, elaborada polas Amas de Casa.

O cronista oficial de Miño, José Raimundo Núñez, repasou a historia da localidade antes de dar paso ao discurso do alcalde, Manuel Vázquez. Pola tarde houbo actividades para os nenos nas pistas de Rabazal mentres o artista Runa elaboraba a un grafiti no acceso da estrada nacional.