Miño cambia o estacionamento da praia Grande para reducir capacidade

O Concello de Miño comeza as tarefas de pintado da nova distribución do aparcamento da praia Grande, que durarán ata este venres. Trátase do borrado e pintado das novas prazas de aparcamento. Este espazo estará delimitado, aínda que se poderá facer uso do mesmo de maneira gradual a medida que avancen os traballos.

O cambio reduce sensiblemente o aforo do estacionamento, pasándose de aparcamento en batería a outro en liña. “Con isto, e con motivo do contexto socio sanitario que estamos a vivir, conseguirase un maior control de acceso a este areal, o máis grande de todos os que se atopan no termo municipal” asegura o executivo local.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, afirma que ‘se facilitará o tránsito dos usuarios a través dous carreiros para evitar que haxa cruces entre viandantes’, comentou o rexedor. O estacionamento na zona ORA non se reduce.