Miño anuncia o pintado de tres novos pasos de peóns

O paso de peóns novo cara o CPI Castro Baxoi. Imaxe do Concello de Miño

O Concello de Miño está a repasar a sinalización horizontal en diversas vías do municipio. Ademais, sinalizou tres novos pasos de peóns na zona de Bañobre, outro á entrada ao aparcamento, en Miño, e o terceiro busca facilitar o traxecto dos escolares que van cara ao CPI Castro Baxoi.

Repasou os das rúas Estrada da Praia, Cobo e Loios. “Esta serie de accións están pensadas para mellorar a seguridade viaria do municipio miñense” explican desde o executivo local nun comunicado.