Miño adxudica en case un millón de euros o SAF para os vindeiros dous anos

O Concello de Miño

O Concello de Miño anunciou a contratación, por 954.000 euros, do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Desde o executivo local recodan que o pasado ano a licitación quedara deserta. O contrato farase por dous anos, prorrogable por outros dous, por 945.00 euros cada dous anos.

“Actualmente setenta persoas solicitaron o servizo, aproximadamente” asegura o goberno local nun comunicado. “A demanda aumentou en máis de vinte persoas desde 2011, e na maioría son persoas con dependencia recoñecida” abundan. O servizo que presta o SAF complétase con persoas da modalidade de libre concorrencia.

A adxudicataria é a empresa Virxe do Carme, que dispón de 10 días hábiles para presentar a documentación requirida a fin de completar o strámites e comezar a prestar o SAF. O goberno local afirma que “é unha situación que tiñamos que desbloquear, despois de que en 2018 queda deserto este contrato. Seguimos apostando por servizos sociais de calidade e para todas e todos os veciños”, declaran.