Miño acollerá este sábado o Campionato Galego de Kicboxing no pavillón municipal

O pavillón municipal de Miño acollerá este sábado desde as 18:00 horas as finais do Campionato Galego de Kickboxing, na que se disputarán combates de pesos entre 63,5 kg e 91kg, e serán puntuables para as clasificacións FGX. As entradas están dispoñibles desde 10 euros.

Daranse cita deportistas da talla de Eric Rodríguez, Óscar Rochez, Borja Blanco, Federico Cabanas ou Marcos Raimóndez. Tamén está previsto que se disputen campionatos amateur, de lowkick e full contact. En concreto, mediranse Vanesa Ares e Lorena Álvarez na categoría -50kg Lowkick, Adrián Iglesias e Samuel Valero no -68 kg Lowkick, Jorge Chamorro e Ricardo Domínguez no -73 kg Lowkick e María Ortega e Sara Álvarez no -53 kg Full Contact.

Combates detallados por pesos

Airás Maira, Alberto Simón e Eric Rodríguez, categoría -63,5kg Full Contact.

Pablo Bonader e Federico Cabanas, categoría -75 kg Full Contact.

Óscar Rochez, Fernando García e Martín Iglesias, categoría -71 kg Full Contact.

Federico Cabanas, Ricardo Sainz, Ángel López e Borja Blanco, categoría -75 kg Lowkick.

Óscar Rochez e Ngagne Faye, categoría -71 kg Lowkick.

Marcos González e Marcos Reimóndez, categoría -91 kg K1 Rules.

Alberto Simón e Christian Maroñas, categoría -63,5 kg K1 Rules.

Ricardo Sáinz e Federico Cabanas, categoría -75 kg K1 Rules.