Miño acollerá esta fin de semana a I Regata Provincial A Coruña 2020

A praia grande de Miño e o esteiro do Baxoi

O Concello de Miño acollerá esta fin de semana a I Regata Provincial A Coruña 2020, a sétima que se celebra en augas do municipio. A cita terá como lugar de saída o porto de Miño, ás 11:30 horas. Será obrigatorio o uso de máscara en toda a contorna no que se disputará a proba deportiva. As categorías participantes abarcarán desde prebenxamín a cadete en distancia 1.500 e 3.000 metros.

Jose Manuel Pantín, concelleiro de deportes do Concello de Miño destacou que “estamos moi contentos de que Miño acolla unha proba deportiva desta categoría na que extremaremos os protocolos hixiénico-sanitarios para reducir o risco de contaxio. É para nós unha prioridade”, sinalou o edil.
Por outra banda, a presidenta do Club Naútico de Miño, Teresa Oujo, destaca “a implicación a todos os niveis do club para que esta proba leve a cabo coa máxima normalidade posible. Desde aquí, quero agradecer ao Concello e a todos os estamentos do club naútico (pais, nais e deportistas) na súa implicación para poder gozar esta fin de semana desta gran cita”.