Investigan a tres persoas por supostamente estafar a un miñense

Cuartel da Garda Civil en Betanzos. Google Maps

A Garda Civil investiga a tres veciños de Miño e A Coruña por un presunto delito de apropiación indebida e un delito continuado de estafa tras a denuncia dun miñense.

Segundo denunciou, apoderáronse fraudulentamente da súa tarxeta de débito e realizaron 23 cargos de menos de 20 euros, que non esixen clave, en varios locais.

A pena podería oscilar entre os 6 meses e os 3 anos de cárcere.