Ferido nunha colisión con tres vehículos implicados na estrada da praia Grande de Miño

Imaxe de arquivo doutro accidente na comarca.

Unha persoa tivo que ser evacuada no serán de onte tras verse implicado nunha colisión en Miño. No accidente víronse implicados ata tres coches, segundo informa Europa Press.

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente de tráfico tivo lugar na estrada que une Miño e Pontedeume, nas proximidades da praia Grande de Miño. En torno ás oito e dez do serán, unha persoa contactou co 112 Galicia para avisar do sinistro e o CIAE puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e dos Bombeiros de Betanzos.

Ao lugar, o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que levou ao home ferido, de 63 anos, a un centro hospitalario da Coruña, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.