Ferida tras batir cun poste de formigón en Miño

Un accidente na N-651. Imaxe de arquivo

Sobre as seis da tarde do pasado sábado rexistrouse un aparatoso accidente de tráfico no lugar de «A Casa» en Ou Viadeiro, Miño, ao saírse da vía un turismo e chocar contra un poste de formigón da iluminación pública. Dos tres ocupantes do vehículo resultou ferida leve unha muller.

O accidente tivo lugar en Viadeiro, na estrada de acceso á N-651. Un particular alertou ao 112 e trasladáronse á zona efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e Protección Civil de Miño e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 cunha ambulancia na que trasladaron á ferida cara as urxencias do hospital «Arquitecto Marcide» do Complexo Hospitalario Universitario- CHUF de Ferrol.

Desde o 112 tamén se informou á empresa responsable da atención da iluminación pública porque varios cables quedaran colgando e obstaculizaban a circulación pola vía. Instrúe dilixencias o equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico.