Detidos tres homes en Miño supostamente por amezar a unha muller por deixar ao seu mozo

Cuartel da Garda Civil en Betanzos. Google Maps

A Garda Civil de Betanzos detivo a tres homes como presuntos autores dos delitos de ameazas, coaccións e roubo con intimidación na localidade de Miño. Segundo informou a Benemérita, a raíz da denuncia interposta por unha veciña de Miño as tres persoas apareceron no seu domicilio.

A muller asegurou que logo de romper a relación coa súa parella, na actualidade en prisión, os agora detidos “pai e dous irmáns da súa exparella” presentáronse na súa casa, onde terían verbalizado ameazas de morte e coaccionaron á muller, tras o que levaron varios electrodomésticos, segundo informaron onte a Garda Civil.

Por todo iso, os presuntos autores foron detidos e postos ao dispor do Xulgado de Garda de Betanzos.