Costas limpará desde hoxe o areal da Ponte do Porco

O Lambre na súa desembocadura na Ponte do Porco

A Demarcación de Costas ten previsto comezar hoxe os traballos de  limpeza da contorna da praia da Alameda en Ponte do Porco. Trátase dun lugar no que entidades ambientalistas realizan con frecuencia actividades de limpeza de refugallos e de eliminación de especies invasoras, que a Administración do Estado non fai.

O Concello de Miño anunciou o inicio dos traballos, a continuación do desbroce que fixo o propio municipio. “Esta limpeza debe realizarse respetando as esixencias que a Rede Natura impón no lugar onde se encadra este espazo natural” indican nun comunicado.