Callobre festexará a Guadalupe o vindeiro día 15

A parroquia de Callobre en Miño prepárase para festexar a Romaría da Guadalupe o vindeiro domingo día 15 de setembro. O programa dos festexos contempla unha misa solemne ás 13.30 horas, unha comida popular (con empanada e croquetas, carne ao caldeiro, bizcochada e queixo, viño, auga, café e licores) por 15 euros e unha sobremesa amenizada por un grupo musical.

Estes festexos, organizados pola Asociación de Veciños Anduriña de Callobre coa colaboración do Concello, incluirán fogos artificiais de 13.00 a 14.00 horas. Existe venda anticipada de entradas para esta festa, ata o día 11 deste mes, no local social de Callobre ou chamando ao teléfono 676 531 466