Atopada ilesa a muller de Miño que faltara da súa casa o pasado luns

Cuartel da Garda Civil en Betanzos. Google Maps

A Garda Civil confirmou que atopou á muller de 46 anos de idade, veciña de Miño, que estaba en paradoiro descoñecido desde o mediodía do pasado luns. Segundo informou a Benemérita, a desaparecida foi localizada por unha patrulla de Betanzos pasadas as 11.00 horas deste martes nunha área de servizo da AP-9, despois de pasar a peaxe en dirección a Santiago de Compostela.

Unha ambulancia do 061 dirixiuse ata o lugar en cuestión para comprobar que a muller se atopa en bo estado.  O Concello de Miño indica que saíu da súa casa como todas as mañás na súa Volkswagen Passat de cor beis claro, deixara á súa filla no colexio, non acudiu ao seu posto de traballo e descoñecíase o seu paradoiro desde entón. Garda Civil, Protección Civil e veciños de Miño montaran un equipo de procura para tentar localizala.