A corporación de Miño celebrará esta mañá o primeiro pleno telemático

O pleno de Miño. Imaxe de arquivo.

Esta mañá está convocado o primeiro Pleno telemático do concello de Miño.  No Concello de Miño só teñen representación o PSOE e o PP que debaterán sobre a solicitude da participación na liña de subvención do IDAE para renovar a iluminación exterior das instalacións de todo o municipio, os proxectos a presentar para os POS+2020 complementarios da Deputación, para gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19, así como para gasto corrente e investimentos sostibles financeiramente.

Irán a aprobación tamén a modificación da ordenanza sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viario, a modificación da RPT, cadro de persoal e anexo de persoal do orzamento de 2019 e prorrogado a 2020 e a aprobación inicial do regulamiento de réxime interior da escola infantil municipal A Ceboliña.