Miño, Bergondo, Abegondo e Carral buscan compartir tesoureiro

Nunha reunión na Xunta de Galicia, os rexedores de Miño, Abegondo, Bergondo e Carral coincidiron na necesidade de compartir a praza de tesoureiro- que agora ten que ser desempeñada por funcionarios con habilitación estatal, ao que Betanzos se resiste. Segundo sosteñen desde o executivo miñés, a medida busca “tentar unir esforzos de cara a aunar servizos de administración xeral”.

Unha agrupación dos catro concellos para esta finalidade serviría para cubrir a praza e, segundo asegura o goberno de Miño, “traducirase nun aumento do aforro e mellor xestión das competencias, e repercutirá no estado económico e na mellora das xestións da veciñanza”.