Miño aproba definitivamente a ordenanza que regula a taxa de aparcamiento na zona ORA

O Concello de Miño aprobou definitivamente en pleno a ordenanza que regula a taxa de aparcamiento na zona ORA, e que será efectiva o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O obxecto da nova ordenanza era dar resposta ás repetidas advertencias do Valedor do Pobo en 2015, para garantir o uso equitativo e moderado do denominado triángulo da praia Grande, establecendo diversas tarifas segundo o tempo consumido. A ordenanza agora derrogada só contemplaba unha tarifa única independientemente do tempo de permanencia no aparcamiento. Así, na zona do triángulo da praia Grande delimitado como ORA, o aparcamiento de vehículos a motor cobrarase ata o 15 de setembro, en horario de 9:30 a 21:30 horas de luns a domingo, coas seguintes tarifas:

Categoría Duración Tarifa (euros) Límite máximo (euros)
Turismos De 0 a 60 minutos ou fracción 1,00 5,00
Autobuses De 0 a 60 minutos ou fracción 2,50 12,00

No caso dos vehículos a efectos fiscais (IVTM) que aos seus efectos tributen no Concello de Miño, os seus titulares poderán obter a tarxeta de aparcamiento por un prezo de 12 euros para cada tempada estival. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, incidió en que “é inviable garantir que todos os vehículos con IVTM en Miño (4.590) teñan praza de aparcamiento nun espazo cun aforo de 480 prazas. Con esta modificación corriximos o baleiro legal existente na ordenanza aprobada polo goberno local anterior”, confirmou. Ademais lamentou o atraso provocado polo estado de alarma e, a última hora, tamén polas alegaciones da oposición que se demostraron infundadas e que han dilatado unha semana máis a súa entrada en vigor.
O obxecto da nova ordenanza era dar resposta ás repetidas advertencias do Valedor do Pobo en 2015, para garantir o uso equitativo e moderado do denominado triángulo da praia Grande, establecendo diversas tarifas segundo o tempo consumido. A ordenanza agora derrogada só contemplaba unha tarifa única independientemente do tempo de permanencia no aparcamiento.