Mariñán acolleu os actos de celebración do 175 aniversario da Garda Civil

Vista do Pazo de Mariñán

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou onte no Pazo de Mariñán xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, no acto conmemorativo do 175 aniversario da Garda Civil.

Asistiron diversos mandatarios municipais de PSOE e PP, así como a banda de música da Benemérita e varias unidades do corpo, que participaron con uniformes de diversas épocas.