O GES curtiense retirou máis de 600 niños de velutina este verán

Niño de avespa velutina

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis retirou no que vai de ano un total de 632 niños de avispa velutina nos seis municipios que ten asignados. Máis do 84% destas retiradas efectuounas no verán, entre xullo e setembro, o que supón unha media de seis niños ao día.

Estes efectivos destacan que chegaron a eliminar ata quince niños de velutina nun só día. Este servizo cobre un territorio de 800 quilómetros cadrados entre Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Aranga.

Os concellos máis afectados por esta praga foron Oza-Cesuras, onde se retiraron 248 niños; e Aranga, con 112. O GES calcula que seguirá eliminando niños de vespa asiática ata final de outono, polo que cren que poderían chegar a máis de mil colonias erradicadas.

Este traballo xa ocupa unha gran parte do traballo deste servizo de Urxencias. O ano pasado o 87% das intervencións que realizaron pola velutina, cando a súa prioridad é a actuación en accidentes de tráfico, apoio en incendios e labores de salvamento, entre outros.