Fragas do Mandeo cumpre dez anos co reto de implicar máis xente no voluntariado

Voluntariado de Fragas do Mandeo. Imaxe da Fundación

A Fundación Fragas do Mandeo celebrará o seu aniversario hoxe cunha charla na que fará o balance dunha década. Malia as limitacións im- postas polo confinamento, no que vai de ano retirou máis dunha tonelada de especies exóticas invasoras e de 3 toneladas de lixo. A súa intensa activida- de convértea no referente en actuacións de conservación na bisbarra.

Aínda que orixinalmente tiña previsto celebralo con actos presenciais, a precaución necesa- ria ante os riscos da pandemia aconsellou optar por unha charla telemática. As persoas in- teresadas poderán atendela o luns día 6 ás 20:30 horas a través de internet e incluso parti- cipar facendo preguntas. Pensando naqueles que por horario non poidan ese día, a charla tamén poderá visualizarse en diferido. O enlace á sala de conferencias virtuais está dispoñi- ble en www.fragasdomandeo.org.

Facendo balance dunha década de compromiso coa natureza

Durante a charla o público poderá coñecer en detalle todo o que a entidade leva feito dende a súa constitución. Estará centrada en explicar os acordos de custodia do territorio que nos permiten xestionar 268.340 m2 de superficie, mediante compravendas, doazóns, ce- sións e arrendamentos. Falaremos das dúas reservas que temos creado, a do Catorce e a do Ollo da Roda, das dez hectáreas de monte nas que eliminamos os eucaliptos e restauramos o bosque autóctono, da nosa loita contra máis de trinta especies exóticas invasoras, da re- collida periódica de lixo en 45 km de ribeira dos nosos ríos, en tres praias e dúas marismas…

Como entidade orientada a obxectivos, tamén daremos cifras detalladas do que levamos feito este ano, malia o paréntese que supuxo o confinamento, pois xa temos retirado nos espazos naturais da bisbarra máis de tres toneladas de lixo e de entullos (3.043,5 kg)  máis dunha tonelada de biomasa de 20 especies exóticas distintas (1.241,5 kg).

Antes do confinamento: un traballo intenso

En pouco máis de dous meses deste ano antes de que se decretara o confinamento, Fragas do Mandeo xa levaba desenvolto un intenso programa de recollida de lixo e de eliminación de invasoras nos espazos naturais da nosa bisbarra. Os resultados falan por si mesmos: tiñamos retirado 2.824 kg de lixo e 1.049 kg de biomasa de especies exóticas invasoras.

Nese tempo traballamos en varias ocasións na Reserva de Anfibios do Catorce (Coirós), eliminando manualmente os rebrotes dos eucaliptos que cortamos o ano pasado nunha su- perficie de dúas hectáreas, co obxectivo de secar os seus cepos definitivamente. Na reserva do Ollo da Roda (Oza-Cesuras) o principal traballo foi cortar 16 chopos híbridos mediante técnicas especializadas para non danar o arborado autóctono circundante e plantar árbores autóctonas.

No río Mandeo fixemos en dúas ocasións o traxecto de ida e volta dende O Tope até a ponte de Teixeiro, o que significou andar de cada vez 15 km por carreiros cargando co lixo e a biomasa atopados. Como resultado recollemos 284,5 kg de refugallos, entre eles dúas ro- das, e na área recreativa de Chelo retiramos 743 kg de entullos. Respecto das invasoras, os restos das sete especies exóticas eliminadas pesaron 6,5 kg, no que destacan os 983 tubér- culos de crocosmia desenterrados. Tamén avistamos un visón americano do que demos parte ós axentes de medio ambiente para que procederan a súa captura.

Do mesmo xeito, no río Mendo fixemos dúas limpezas, o que significou andar de cada vez os 18 km do traxecto de ida e volta entre a ponte de As Moas e a ponte de Taibo. Os resultados foron de 164 kg de lixo (a destacar 53 kg de uralita con amianto contaminante) e os 274 kg de biomasa de invasoras de cinco especies (entre o que podemos salientar os 1.306 tubérculos de crocosmia desenterrados).

Nas praias da Abeleira, da Alameda e Grande de Miño retiramos case media tonelada de lixo (497,5 kg) e algo máis de biomasa de invasoras (753 kg) de cinco especies invasoras dis- tintas. O traballo na marisma da ría de Betanzos foi realizado no entorno do observatorio ornitolóxico de Souto, onde en dúas xornadas retiramos máis dunha tonelada de lixo (1.086,5 kg). Por último, tamén visitamos Sobrado para facer labores de mantemento e limpeza do observatorio ornitolóxico e da contorna da lagoa, así como a reserva do Ollo da Roda, sumando na lista outros 48,5 kg de lixo.

Despois do confinamento: pouco lixo e moitas invasoras

Durante o confinamento a nosa preocupación era o avance das especies exóticas invasoras. Cando a relaxación das medidas de confinamento nos permitiron ir traballar, percorremos de novo tódalas zonas de actuación. Hai que salientar o pouco lixo atopado (219,5 kg). Por unha banda, non houbo enchentes nin temporais que arrastraran refugallos dende as lim- pezas que fixemos antes do confinamento; por outra, a ausencia de visitantes evitou o lixo que lamentablemente adoita acompañalos. A biomasa retirada pesou 192,5 kg.

O lixo recollido no Mandeo e no Mendo foi similar, totalizando 14 kg, cifra que contrasta cos 448,5 kg recollidos neles durante o primeiro trimestre. En canto a invasoras, a situación foi distinta. No Mendo os resultados foron esperanzadores pois a biomasa retirada pesou soamente 3 kg correspondendo a cinco especies; no Mandeo a situación era peor, pois reti- ramos 13,5 kg de sete especies. A salientar os 1.573 tubérculos de crocosmia desenterrados nos dous ríos.

No rego das Bouzas, o afluente do Mandeo que desemboca en Chelo, a tradescantia estaba a recolonizar as zonas onde actuaron as tres últimas edicións do campo de traballo Monte da Espenuca. Retiramos 60,5 kg de tradescantia, ademais doutras catro especies invasoras e 11 kg de lixo.

Na pasada quincena os voluntarios estiveron retirando lixo e invasoras nas praias da Ala- meda e da Abeleira, en Ponte do Porco. Do mesmo xeito que nos ríos, atopamos pouco lixo (194,5 kg) e bastantes invasoras (116,5 kg), especialmente de eixerón e tradescantia.

Implicando á cidadanía na conservación da natureza

Estes resultados foron obtidos grazas ó esforzo dos numerosos voluntarios que acoden ás xornadas que programa periodicamente Fragas do Mandeo. De feito, está organizada para este domingo día 5 unha xornada de voluntariado na Reserva de anfibios do Catorce para eliminar a xunca olorosa, unha invasora de orixe americano. As prazas xa están esgotadas.

Os amantes da natureza que queiran participar directamente na súa conservación poden poñerse en contacto connosco a través do correo electrónico correo@fragasdomandeo.org ou do teléfono 981 105 903 para estar informados das futuras convocatorias.