Feridos en Aranga e Paderne en senllos accidentes no serán do domingo

Imaxe de arquivo dun accidente na DP–0905. Foto de Protección Civil

O pasado domingo a última hora da tarde un helicóptero medicalizado tivo que trasladarse a Aranga, onde unha persoa resultou ferida de consideración tras un sinistro no que se viron implicados tres tractores. Un particular alertou ao 112 de que, sobre as 19:45 da tarde, unha persoa resultara ferida en Vilarraso.

Segundo detalla Europa Press, o 112 desprazou ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, debido ás feridas que presentaba o accidentado, e enviou unha ambulancia e un equipo sanitario do PAC de Curtis, se ben finalmente o home ferido, foi trasladado ao Chuac no helicóptero medicalizado. O operativo completárono, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Betanzos e os efectivos do GES de Curtis.

Un motorista ferido en Paderne

Practicamente unha hora despois, o 112 tivo que mobilizar ata Areas á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Betanzos e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. No punto quilométrico 6,5 da DP-0905, un motorista impactara sobre as 20:30 h contra un coche. Varios particulares alertaron ao 112 e o ferido foi trasladado ao Chuac.