Ferido nun accidente entre Sada e Bergondo o pasado sábado

Imaxe aérea de Sada

Sobre as oito do serán do pasado sábado unha persoa resultou ferida nun accidente rexistrado nun aparatoso choque practicamente na linde entre Bergondo e Sada, á altura do albergue da Mariña. Un coche que circulaba cara Bergondo saíuse da vía tras pasar unha curva, impactando contra outro turismo que circulaba en sentido contrario, segundo informou a Policía Local de Sada.

Ao lugar acudiron dotacións das policías locais de Bergondo e Sada, Emerxencias de Sada e Protección Civil de Bergondo, ademais dos bombeiros do parque comarcal de Betanzos e unha ambulancia do 061.