Entrega dos premios do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación

Teatro de títeres

O Teatro Colón acolleu na noite de onte a gala de clausura e entrega de premios do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Un total 1.155 actores e actrices de todas as idades pasaron polos escenario do teatro do IES Calvo Sotelo representando 84 obras teatrais ao longo destes case tres meses de duración do certame.

A gala estivo presentada e conducida pola compañía Pista Catro e amenizada polo grupo musical Aló Djangó e a entrega dos diferentes premios correu a cargo do deputado Xosé Regueira e de actrices e profesionais vinculados ó mundo do teatro e o audiovisual galego.

Premios máis destacados.

Mellor obra benxamín: “El sol llega tarde”. Grupo Ébano. Colexio Liceo La Paz

Mellor obra infantil: “A cousa que máis doe do mundo”. CEIP de Tarrío

Mellor obra cadete: “Los locos de Lope de Vega”. Telón de Aquiles. IES Monte das Moas

Mellor obra xuvenil: “Bacantes”. Noite Bohemia.

Mellor obra sénior: “Escenas escollidas”. A Tenencia Teatro- Agrupación Instructiva de Cacamouco

Tamén se entregaron premios nas diferentes categorías aos mellores actores e actrices, á mellor actuación de reparto e á mellor dirección artística, ademais dun premio de honra á deputada Ánxela Franco, falecida hai escasas semanas.