Dous irmáns de Sobrado, detidos por ter 800 plantas de marihuana

A Garda Civil do Posto de Boimorto detivo a dous irmáns con residencia en Lugo como presuntos autores dun delito contra a saúde pública polo cultivo ilícito de case 800 plantas de marihuana nunha vivenda no municipio coruñés de Sobrado dos Monxes e outro de defraudación de fluído eléctrico.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación policial iniciouse o pasado mes de marzo a raíz das sospeitas que tivo a Garda Civil de que unha vivenda de Grixalba, en Sobrado dos Montes, supostamente se utilizaba para o cultivo ilegal de marihuana. Os dous arrestados contan con “numerosos antecedentes” por feitos similares, segundo informan fontes oficiais

Tralas xestións realizadas para o esclarecimiento dos feitos, no marco da denominada Operación Dombrete, a Benemérita puido saber que o inmueble fora alugado desde o pasado 10 de febreiro por dous irmáns e defraudaran o fluído eléctrico mediante a técnica do “ponteado”.