Detido o presunto autor dun roubo en Cos, Abegondo

A Garda Civil de Betanzos detivo a un veciño da Coruña como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas ocorrido o pasado 26 de marzo no lugar de Carballal- Cos, en Abegondo.

Supostamente, o sospeitoso roubou obxectos valorados en 2.000 euros no interior dunha vivenda. Foi posto ao dispor do Xulgado número 3 de Betanzos.