Unha xuvenca de Zas, a mellora da poxa frisona de élite de Curtis

Un exemplar de rubia galega

O Concello de Curtis celebrou o éxito da terceira edición da súa poxa de élite de gando frisón. O Concello informa que se venderon 15 dos 17 animais e que os prezos oscilaron entre os 1.800 e os 6.000 euros. Unha xuvenca de Zas, Curtis Miriam Hotline FIV, conseguiu a mellor valoración.

A poxa partiu de 2.100 euros e foise animando para esta xovenca nada o 15 de xaneiro do pasado ano, cun GICO de 4.087 e 10 xeracións de MB/Excelente no seu pedigrí. É filla do touro Peak Hotline ET e por parte de nai, de Cundis Eiras Mirta Defend ET, con MB 85 85 e que na primeira lactación deu 10.330 kilos de leite cun 4% de graxa e un 3,7% de proteína. Avanzando na liña materna, a súa avoa é Eiras Mascalese Mirta ET e a súa bisavoa Bos Planet ET, unha MB88, da Finca de Bos, que no seu día produciu na cuarta lactación 16.370 kilos de leite cun 4,26% de graxa e un 3,35% de proteína.

Seguiuna en segundo lugar unha xuvenca de Curtis. O Concello de Curtis destaca que asistiron a púxaa ganaderos “de todas partes de Galicia e do resto de España”.