Gwendal e Treixadura, pratos fortes dos Remedios de Teixeiro

Festival de Guísamo. Foto de Actualidad Bergondo

Teixeiro celebrará as súas festas patronais na honra da Virxe dos Remedios entre o venres día 6 e o luns 9 de setembro. Os festexos comezarán o venres cunha churrascada ás dez da noite e verbena a cargo da orquestra América de Vigo.

O sábado haberá sesión vermú e pasarúas co grupo local “Os Molladiños”. Desde as nove e media do serán, unha noite folk amenizará o festexo co concurso de As do curro lanuxe, Leirabuxo, Treixadura e Gwendal. A noite finalizará con verbena a cargo de Alkar. A celebración seguirá o domingo e o luns con máis música e actividades.