Entra en vigor a modificación do PXOM de Curtis

Avenida principal de Curtis

A modificación do plan xeral de Curtis que desclasifica preto de tres millóns de metros cadrados de chan rural entrou en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. “Trátase dunha revisión urbanística que reactivará a actividade agraria e gandeira e que evitará que se realicen actividades forestais que poñan en risco as vivendas próximos aos núcleos e perímetros das aldeas”, aseguran desde o Concello.

O Concello de Curtis informou onte da entrada en vigor deste cambio urbanístico que, detalla, afecta a 130 núcleos rurais e que xurdiu de “un amplo proceso de participación veciñal”. O Goberno local que preside Javier Caínzos confía en que o paso destes tres millóns de chan de núcleo rural a rústico “permitirá crecer ás explotacións agropecuarias e gandeiras”.

O Executivo realiza agora correccións nos 13 núcleos que non foron aprobados pola Xunta.