Deserto o concurso que convocou o estado para vender 15 parcelas no polígono de Teixeiro

Mapa da ubicación da planta de biomasa no polígono de Teixeiro. ADEGA

Sen compradores para os 15 solares que o Estado sacou, a través da Entidade Estatal do Solo (SEPES), á venda no polígono de Teixeiro. Ningunha empresa concorreu á poxa para presentar a súa oferta por algún dos solares, de entre 142.000 e 685.000 euros de valor.

O parque empresarial segue así cunha discreta ocupación e agora o estado procederá á venda destes terreos a través do procedemento de adxudicación directa. A intención é acercarse á recadación de 4,3 millóns de euros que perseguía coa poxa.