Curtis investiga outro vertido ao Mandeo

Verquido ao Mendo denunciado polos pescadores. Foto: facebook Pescadores do Mandeo

O Concello de Curtis informou onte de que a concesionaria das depuradoras municipais indaga para dar coa orixe e composición dun vertido ao Mandeo. Varias persoas denunciaron a presenza dunha mancha no río no entorno do polígono industrial de Teixeiro, cuxa EDAR xestiona Espina y Delfín.

O goberno local asegura que realizan un “seguimento” da rede de colectores do polígono para ubicar a orixe do vertido. O executivo do PP sostén, ademais, que se trata dun feito puntual.

Algo que non se axusta de todo á realidade dado que o pasado mes de xuño Augas de Galicia sancionou ao municipio con 5000 euros por un vertido similar e houbo que acometer actuacións para erradicar tres puntos de vertido no municipio ao mesmo río.