Concentración contra os recortes sanitarios no PAC de Teixeiro

Centro de saúde de Betanzos

O Persoal de Atención Primaria de Curtis convocou unha concentración de protesta pola precarización do servizo sanitario no centro, que atende
aos veciños de Curtis, Vilasantar, Sobrado e parte de Aranga e está fixada para o próximo 27 de xaneiro ás 11.00 horas.

A xornada de protesta partiu dos traballadores do Punto de Atención Continuada (PAC) de Teixeiro. O persoal sanitario advirte de que os cupos dos ambulatorios de Curtis e Teixeiro son os máis elevados da provincia. A médica de Teixeiro ten 2.000 cartillas, cando o aconsellable é que non superen as 1.200 e, entre os centros de Curtis e Teixeiro, suman case 4.000, unha ratio que refrenda a necesidade de ampliar o persoal.

A escaseza de persoal esténdese ao PAC, o servizo para urxencias de Atención Primaria fose do horario ordinario dos centros de saúde.O persoal sanitario admite que os recursos son sanitarios, pero ve imprescindible refuerzos para garantir un correcto servizo e defenden a convocatoria dunha protesta “por responsabilidade e ética”.

As queixas pola precariedade do servizo sanitario é unha constante nos distintos centros da comarca. A maioría parlamentaria do PP tumbou unha emenda do BNG ás contas da Xunta para este ano que pedía incrementar os cadros de persoal nos centros sanitarios da comarca, reforzando os postos de especialistas para garantir atendemento durante as vacacións dos facultativos e reforzando pediatría.