A Xunta dá autorización ambiental á fábrica de leite de Teixeiro

Mapa da ubicación da planta de biomasa no polígono de Teixeiro. ADEGA

O DOG publicou onte a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático outorgando autorización ambiental integrada á planta de procesado de leite de Inleit de Teixeiro. A Xunta dera, en decembro do pasado ano, declaración favorable de impacto ambiental á factoría.

A empresa solicitara unha ampliación o pasado ano para acadar unha producción diaria de 200 toneladas de leite, tras acadar licencia para instalar a factoría nunha superficie de 87.625 metros cadrados.

A Consellería de Medio Ambiente outorgou a autorización ambiental integrada, que inclúe as obrigacións que a empresa debe cumprir en materia de emisións, control de ruídos e vixilancia e control das augas subterráneas, entre outros extremos. A memoria completa pode consultarse na páxina web do departamento autonómico.