A Xunta constrúe unha rotonda no Empalme da AC-840 e a AC-230

A estrada AC-840

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou onte a rotonda que a Xunta construíu no cruce do Empalme, na estrada AC-840, en Curtis. O goberno galego asegura que esta obra reforza a seguridade viaria nesta contorna, tras o investimento de máis de 230 000 euros.

Trátase da reforma dunha intersección onde conflúen ambas estradas coa outra vía autonómica que leva a Montesalgueiro (AC-230) e onde era necesaria esta actuación, xa que este punto contaba con visibilidade reducida debido a un cambio de rasante próximo.

Ademais da construcción da glorieta, nas obras amañouse o firme nos accesos e se dotou de beirarrúas a zona.

Un percorrido peonil que chega a Oza- Cesuras e a Vilasantar

Esta infraestrutura se suma á senda peonil que xa está a disposición dos veciños desde o pasado verán, sumando un investimento total duns 700 000 euros.

A senda, de 1,7 km, transcorre pola marxe dereita da estrada e conecta o Alto da Espeniña coa citada intersección. Neste sentido, dótase a zona, na que se concentran vivendas, servizos e equipamentos, dunha infraestrutura segura, sustentable e integrada na paisaxe, para o tránsito a pé.

Tamén se acondicionou a intersección coa estrada que vai ao cemiterio e se executaron dous muros de contención, que eran necesarios.