A Xunta autoriza o subministro de gas para as novas factorías de Teixeiro

Mapa da ubicación da planta de biomasa no polígono de Teixeiro. ADEGA

A Consellería de Economía, Emprego e Industria autorizou o proxecto para o subministro de gas natural ás plantas de Inleit Ingredients e Greenalia no polígono de Teixeiro, en Curtis.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a autorización da planta, dándolle á promotora dous meses para constituír a fianza para comezar co proceso.