Curtis, Vilasantar e Sobrado prorrogan o contrato da recollida do lixo

Avenida principal de Curtis

Curtis, Vilasantar e Sobrado acordaron prorrogar durante un ano o contrato do servizo de recollida de residuos sólidos. Os rexedores aseguraron que así a decisión sobre o futuro do servizo a tomarán os gobernos elixidos no vindeiro mes de maio. A concesión deste servizo mancomunado asinouse en 2015 por catro anos.