Curtis, Vilasantar e Sobrado poñerán en marcha un proxecto para mellorar a xestión de residuos

O Concello de Curtis

Os concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado poñerán en marcha un proxecto ambiental co que esperan mellorar a xestión dos residuos. O plan recolle entre os seus obxectivos a posta en marcha dunha campaña de concienciación sobre a importancia da recollida selectiva e outra informativa sobre o uso dos composteiros municipais que os concellos instalarán nas zonas públicas.

Os tres concellos do rural abriron unha convocatoria pública de emprego que inclúe a contratación de oito peóns e un técnico ambiental. As bases publicáronse onte no BOP.