O cura de Xestoso pide quitar as referencias a Isreal da liturxia

O crego de Xestoso, Luis Ángel Rodríguez Patiño

O cura de Xestoso pide retirar as referencias a Israel da liturxia a raíz do ataque levado a cabo polo exército de Israel contra as poboacións palestinas. Luís Angel Rodriguez, párroco de Xestoso (Monfero) pide suprimir a palabra Israel das celebracións eucarísticas, en repulsa polas actuacións do estado sionista.

egundo explica o relixioso, o nome Israel procede dunha pasaxe da Biblia, onde o patriarca bíblico Jacob, logo de loitar durante toda a noite contra un misterioso adversario, e vencelo, provocou a admiración do mensaxeiro divino, que o bendeciu e cambioulle o seu nome polo de Yisra´o, é dicir, “O que loita con Deus» (Xénese, 32:28-30). Por iso, as tribos que se confederaron e recoñecéronse como descendentes de Jacob chamáronse a si mesmos “Fillos de Israel” ou “israelitas” explica o crego nun comunicado.

“Pido a todos os sacerdotes que non queiran ferir aos fillos de deus que aman a paz e que respectan a autodeterminación do pobo palestino: que non mencionen a palabra Israel nas súas celebracións e menos cun sentido dun pobo que ama a verdade ou como a nova Igrexa”, explicaba o soado párroco de Xestoso. “Isto mesmo fixémolo algúns sacerdotes en relación coa violencia de xénero e o machismo de moitas celebracións e en especial de oracións” explica tamén o párroco nun comunicado.