Convocadas catro prazas de tractorista no concello de Irixoa

O Concello de Irixoa convocou un proceso de selección de persoal laboral temporal, en concreto catro tractoristas con xornada de trinta horas semanales durante aproximadamente seis meses, de maio a novembro deste ano.

O salario será de 900 euros brutos ao mes. O prazo para presentar as instancias abrirase o vindeiro luns 23 de abril e finalizará o 4 de maio. O proceso de selección inclúe unha valoración de méritos e a realización de probas, un test e unha proba práctica, que se realizarán o día 10 de maio.