Como funciona Xantar na casa na nosa comarca?

Un día á semana chega unha furgoneta a casa con catorce bandexas de comida en barquetas termoselladas de polipropileno que se gardan na neveira e dan para comer e cear os sete días, gardándoas na neveira e logo quentándoas no microondas. Cada bandexa ten primeiro, segundo, sobremesa e pan.

Así é o Programa Xantar na Casa, que a Xunta puxo en marcha fai once anos para axudar aos maiores de 60 anos con limitación da súa autonomía, a dependentes sen familiares que os coiden e a maiores de 60 en situación de exclusión social. Na provincia da Coruña hai agora mesmos 624 usuarios de 63 concellos, é dicir, o 68% deles contan con este servizo.

Só tres concellos da área metropolitana, Oleiros, Arteixo e Bergondo, ademais da Coruña, non están adheridos a esta iniciativa aínda que teñen programas municipais parecidos. Pero o Xantar na Casa é compatible con outros servizos como o de axuda a domicilio e comedor. Iso si, cofinancian concello e Xunta. Betanzos conta con 33 usuarios e Sada con 30 beneficiarios. Abegondo tivo historicamente vinte persoas neste servizo pero actualmente non ten ningún usuario, do mesmo xeito que sucede en Miño. Este concello, xunto con Irixoa, sumáronse ao proxecto hai só dous meses. Política Social vai sacar en próximas datas o novo contrato para toda Galicia do Xantar na Casa.